Thursday 19 de September de 2024

Datos de verán na Biblioteca municipal de Ortigueira


A Biblioteca municipal de Ortigueira “Juan Fernández Latorre” realiza un balance moi positivo deste verán.

Desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, 1.812 persoas utilizaron este servizo municipal. Durante este período, realizáronse 2.168 préstamos, unha cifra que reflicte o interese pola lectura dos veciños e veciñas de Ortigueira.

As cifras recollidas reflicten unhas estatísticas moi favorables: 43 persoas utilizaron a biblioteca por día de apertura e fixéronse 51,6 préstamos de media.

Ademais de libros, ata final de mes pódese visitar a exposición ‘Vida obra e legado’ na que se rende homenaxe á memoria de #Luis Alonso Santiago.

Deja un comentario